
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes / Ordes (comarca)
Parroquia: Beán (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa de nave rectangular e tellado a dúas augas con cuberta de tella do país. Os muros están revestidos e pintados de branco, coa excepción de esquinais de muros e marcos de portas e vans. Fachada desprovista de decoración con porta alintelada que leva enriba unha inscrición coa data da construción no ano 1880. Máis arriba ábrese un van cadrado, coa ventá atrasada respecto ao lenzo de muro. Remata o hastial con cornixa saínte moldurada en bocel e pináculos piramidais nas esquinas. A espadana arranca de base cuadrangular con cornixa, ten dous ocos de arco de medio punto entre pilastras para acoller as campás. Remata, despois de cornixa, en pequeno gablete con oco flanqueado por pináculos piramidais. No cume vai unha cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009982
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF
pax. 23
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0155991401Lonxitude: -8.38642001152
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84