Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: Sarnón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Hórreo de tipo mixto que leva a súa cámara construída no primeiro tramo en pedra con pezas de longos sillares sobre os linteis. Enriba destas pezas, o resto da cámara componse con doelas e faixas de madeira ata o beirado do tellado. Os penais son de pezas de sillería granítica de tamaño irregular con estreitas físgoas para a aireación da cámara.
Elévase sobre once pés, dous deles pareados e como apoio á lousa de subida á entrada. Os pés de sección octogonal levan tornarratos cilíndricos que sosteñen os linteis onde se apoia a cámara. Tellado a dúas augas con tella francesa, e con sobrepenas no cume dos penais rematando a cuberta. Porta de madeira no lado da cámara. Fáltalle o pináculo e a cruz que tiña no remate dos cumes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8551527639
Lonxitude: -8.90289545059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84