
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Culleredo (Santo Estevo)
Lugar: Liñares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación de planta rectangular moi alongada e volumetría sinxela con grandes dimensións á que se lle acaroan unha serie de corpos na parte posterior con diferentes usos e alturas. Componse de tres volumes situados en liña ó longo da estrada, todos de dúas alturas con cubricións a dúas augas con tella curva do país. O primeiro volume situado ó surleste, é lixeiramente máis alto cos outros dous, execútase con muros portantes de cachotería á vista con cantería en esquinais, xambas e linteis. Destaca unha galería no testeiro que sobresae da liña de fachada e que se apoia sobre catro ménsulas de cantería labradas. Na fachada que dá á estrada só se sitúan dous ocos de pequeno tamaño con carpintería de madeira e unha pedra armeira timbrada de helmo que mira ó lado dereito con catro cuarteis. O volume central caracterízase por ter os muros recebados e pintados de branco, posuíndo unha maior cantidade de ocos de diferentes tamaños e disposición irregular ademais da porta de entrada no seu eixo central. O volume que se atopa formando o outro esquinal ó noroeste, correspóndese cunha capela. A fachada principal cara á estrada resólvese con muros portantes de cantería á vista e caracterízase por ter unha espadana que sobresae na vertical, en posición central. De abaixo arriba, esta componse dunha porta rectangular alintelada, unha pequena xanela rectangular abucinada e unha pequena espadana dun só corpo composta por dous machóns de cantería con arco de medio punto central onde se sitúa a campá rematada por unha cruz de pedra. O testeiro execútase con cachotería á vista e cantería en esquinais e nos dous ocos que corresponden a dúas pequenas xanelas rectangulares.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta: RI.000005353
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2943483832Lonxitude: -8.37932802738
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84