Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mariña Oriental (comarca) / Ribadeo
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Lugar: Rinlo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de estilo neogótico comezado a construír no ano 1931 e inaugurado no 1933. Ten planta de cruz latina, leva bóveda apuntada sobre arcos feixóns e cruceiro e presbiterio con bóveda de aresta sobre nervios. A nave tranversal remata nos cumes con frontón triangular e cornixas saíntes nas arestas do tellado. No muro norte, aproveita o cruce das naves para abrir un corpo para a sancristía. Este vai a dúas augas, cuberto con lousa negra. A entrada recorda ao estilo románico coas columnas acaroadas e arquivoltas. Simetría de vans de arco oxival ao longo do lenzo da fachada e os muros das naves. No corpo central, ábrese unha ventá dobre separada por columna e adornos de arquivoltas escalonadas enmarcada en frontón semicircular, enriba desta un van circular. A torre do campanario leva oco con arco oxival, enmarcado en arquivolta na parte superior, con frontón triangular entre as cornixas das pilastras, e teito con cuberta de catro augas, moi apuntado e rematado cunha cruz. Nos extremos amosa pináculos piramidais de estilo gótigo. Accédese a torre dende o interior por escaleira de caracol de madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000021143
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca009.PDF
Pax. 3
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.omeupoboderinlo.com/igrexa%20de%20san%20pedro%20castelan.htm
http://www.omeupoboderinlo.es/abc.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5559738884
Lonxitude: -7.10284352303
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84