Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Sésamo (San Martiño)
Lugar: Outeiro de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Xacemento de forma ovalada situada a 137 metros sobre o nivel do mar que está definido por dúas liñas de defensa, estando destruídas tanto pola parte norte como a parte sur pola construción dunha pista de acceso que chega a cinguir toda a croa. As súas dimensións son duns 180 metros de SO-NL por uns 93 metros de NO-SL, podendo acadar unha superficie dunhas 1,37 ha. O recinto interior está definido por un parapeto na parte leste e oeste, parcialmente destruído pola pista e por un achandamento onde se celebran as festas de San Cosme. Pola parte norte acada unha altura interior duns 1,5 metros e unha altura exterior duns 5-7 metros. Pola parte sur está definido por un terraplén cortado por unha pista de acceso á croa. O recinto exterior está definido por un terraplén na parte norte e oeste con plantación de pino e pola parte sur e leste por un parapeto duns 2-3 metros de altura. Na croa existe unha capela de orixe románica dedicada a San Cosme e un par de cruceiros, ademais, neste xacemento hai outras construcións como un palco de música e outra construción para auxilio das festas. Preto deste xacemento pasa o río Valiñas, afluente do río Mero, que o percorre de sur a leste.
Salientar as fermosas vistas que hai dende o castro que domina o Val de Veiga, aínda que, pola zona leste, podemos ollar unha zona que se usa como vertedoiro incontrolado entre a pista e o terraplen á croa.
Dicir tamén que neste castro de San Cosme apareceron dúas aras votivas, dedicadas á deusa Navia, por parte dun Ancetotu, pertencente á comunidade dos Sesmaci.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15031005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CULLEREDO/documents/0149NO205.PDF (Pax. 47)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2771904809
Lonxitude: -8.38781386636
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84