
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Oroso (Santa María)
Lugar: Aráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este cruceiro, situado nun cruce de camiños rodeado cun enreixado de ferro, nace sobre tres chanzos cadrados. A súa base moldurada presenta unha oquedade con forma de semicírculo, posiblemente para gorecer un pequeno retablo.
O varal é de sección octogonal, perdendo corpo a medida que sube. Na parte baixa podemos ver unha longa inscrición que di o seguinte:
“EL ILUS. OBISPO DE
TUY D. JUAN GARCIA DE
BENITO CONCEDIO
40 DIAS DE INDULGENCIAS
POR ENCOMENDAR LAS P
ERSONAS POR CADA
VEZ QUE REZAREN UN CR
EDO DELANTE DE ESTE
CRUCERO
AÑO DE 1807”
Na parte superior destaca un retablo pétreo sobre unha peaña moldurada no que se representa a San Francisco con tres ánimas, das cales as laterais collen da man ao relixioso e a ánima de arriba aparece coas mans en oración.
A continuación o capitel tipo xónico, con volutas e follas de acanto.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica co que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto que colle un cáliz nas súas mans.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA004.PDF (Páxina 5)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360090602.html
http://www.xoanarcodavella.com/2021/12/cruceiro-peto-de-arans-oroso-caniza.html
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/inicio#!/descubre/encuentra-tu-recurso/recursopan1-280376640-cruceiro-de-arans
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2103191174Lonxitude: -8.24419856071
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 10, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html