Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario, Cruceiro,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Oroso (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O conxunto, situado nun pequeno altar pétreo no adro da igrexa, está formado por un cruceiro central e dúas cruces máis pequenas aos lados.
A cruz do centro presenta unha base moldurada na que podemos ver unha caveira e unha inscrición QUE REZA O SEGUINTE:
“SE REDIFICO Y
PINTO
EN EL
ANO 1897”.
O varal, de sección octogonal, presenta decoración propia da Paixón como as tenaces, o martelo, a escada, e unha serpe, aínda que esta última parcialmente esnaquizada. Máis arriba o capitel decorado con volutas, rostros nos seus catro lados, e outros motivos xeométricos.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acompañado por Santiago a cabalo no anverso, e a Virxe sobre peaña con forma de rostro. Presenta un grande manto e as mans entrelazadas.
As cruces laterais, de igual factura, nacen sobre unha base moldurada. As cruces teñen sección cadrada coas arestas rebaixadas.

O conxunto atópase no adro da igrexa parroquial de Santa María de Oroso (http://patrimoniogalego.net/index.php/82911/2016/02/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-oroso-2/), conformando un fermoso conxunto.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360090601.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=19184&ctre=55

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2010). Calvarios do Condado e Paradanta. Actas do IIº congreso galego sobre Cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2173564976
Lonxitude: -8.2486872375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84