
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Achas (San Sebastián)
Lugar: As Grades
Outra denominación do ben: Castro das Grades
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Xacemento situado nun punto estratéxico entre os ríos Deva e Senande. A día de hoxe o lugar atópase totalmente cuberto de vexetación. Téñense referencias dunha dobre muralla defensiva e dalgunha construción. Este castro atópase asociado co xacemento da Cerquiña, localizado a uns 200 metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo o estudo levado a cabo por Francisco Javier Fernández Nogueira, a lenda conta que este castro estaba habitado polos mouros.
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 26 de setembro de 2022 anuncia que o Concello de A Cañiza expropiará as leiras deste castro e do castro da Cerquiña (ao seu carón) para a súa recuperación. (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA007.PDF (p. 3)
http://www.galiciamaxica.gal/Sitios/PONTEVEDRA/caniza/asgrades.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÉNDEZ NOGUEIRA, Francisco Javier. O “oppidum” prerromano de San Martiño de Ladróns. “GLAUCOPIS” Boletín do Instituto de Estudios Vigueses. Nº 14. 2009.
NOVA 26 DE SETEMBRO DE 2022
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2022/08/26/caniza-expropiara-fincas-cidade-castrexa-73865537.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2214941309Lonxitude: -8.29021453857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84