Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ordes / Ordes (comarca)
Parroquia: Buscás (San Paio)
Lugar: A Rúa
Outra denominación do ben: Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase nun terreo chan a unha altitude de 300 metros e entre os ríos Cabrón e Rego do Cabo. Polo norte e leste amosa un gran foso e unha muralla de terra que podería acadar os seis metros de altura. Polo resto do recinto as defensas están moi esmorecidas, aínda que se pode ver un foso moi colmatado na zona oeste. Pola banda sur están totalmente desaparecidas e o espazo que ocuparían está integrado nas parcelas agrícolas, que se estenden ata o interior da croa. O recinto podería acadar os 120 metros, de NO a SL, se tomamos como referencia á muralla que se pode apreciar.
Está ao carón do camiño de Santiago, a 200 m. ao norte da igrexa románica de San Paio e a 400 m. ao oeste do recinto onde estaba asentada a fortaleza da Torre de Buscás.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15059026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catalogación no Pxom de Ordes ano 1997
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF
pax.23

Plano da Zona do Castro no PXOM Ordes (pax 15 de 26)
http://www.ordes.gal/images/stories/docs/PXOM/planos%20ordenacion/Or_ord_Buscas%20%28San%20Paio%29%2004.00.pdf
Etapa do Camiño Inglés ao seu paso por Buscás, (pax. 3 de 7)
http://ficheiros-web.xunta.es/patrimonio/DELIMITACION_CINGLES/12_ORDES_A3.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0975202981
Lonxitude: -8.38310480118
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84