Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Culleredo
Parroquia: Sésamo (San Martiño)
Lugar: Outeiro de Arriba
Outra denominación do ben: Capela de San Cosme e San Damián.
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Pequena capela románica, levantada a mediados do século XII como igrexa parroquial de Sésamo. De planta rectangular dunha soa nave cunha ábsida rectangular de cantería. Coas remodelacións nos séculos XVII-XVIII, engadíuselle un volume de planta cadrada acaroado ó muro norte, a sancristía. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería á vista con contrafortes. A cubrición é a dúas augas con tella curva do país. No interior, é interesante o arco triunfal que dá paso a bóveda de canón que cobre altar, sostida por catro columnas pegadas con capiteis de decoración vexetal. Da igrexa románica orixinal só queda a ábsida de cantería con basamento escalonado. Nela sitúase un oco con arquivoltas de medio punto sobre columnas con capiteis ornamentais. Ademais consérvanse os típicos canzorriños baixo a cornixa. A fachada principal presenta un esquema pentagonal, e no seu eixo vertical central, de abaixo arriba, superpóñense a porta de acceso alintelada, unha xanela circular e unha pequena espadana dun so corpo. Esta constitúese por dous machóns unidos por un arco de medio punto sen campá, sobre unha cornixa moldurada e rematada por unha cruz de pedra.
A ermida de San Cosme atópase nun outeiro de 137 metros de altitude sobre o nivel do mar, dominando o Val de Veiga, fóra do actual núcleo de poboación que está situado na ladeira do monte. Foi templo parroquial, como xa dixemos antes, ata o século XVII, sendo denominada ata entón San Martiño do Castro de Sésamo, pero trala construción do novo templo parroquial, pasou a ser utilizado só para a celebración das festas de San Cosme.
A romaría de San Cosme celébrase o primeiro domingo de Agosto. Durante a celebración trasládanse as imaxes de San Cosme e San Damián dende o templo parroquial ata a ermida, acudindo gran número de romeus dos arredores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.culleredo.es/es/node/133


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2771108079
Lonxitude: -8.38760264219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84