Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Maside
Parroquia: Piñeiro (San Xoán)
Lugar: San Baínto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro localízase no monte comunal que noutros tempos compartían as aldeas de San Baínto e Piñeiro como pasteiro para o gando. Mira cara á serra da Martiñá desde o val que forma o río Barbantiño e que divide os concellos de Maside e Amoeiro. A uns 600 metros atópase o Castro de Piñeiro, de menores dimensións que este, co que ten visión directa.
Son apreciables os muros que o compoñen, aínda que están cubertos pola maleza e nalgúns puntos alcanzan unha altura duns 3,5 metros. Nalgunhas partes, este vese interrompido. Xa que, noutrora a pedra foi utilizada pola veciñanza para contruír os valados que dividían as fincas. Nos anos 70 levouse a cabo unha cata por parte do historiador F.G.A. na que se di que se atoparon restos de cerámica, aínda que esta información non está contrastada.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://estudiosgenealogicos.wordpress.com/2011/12/05/parroquia-de-san-juan-de-pineiro-maside
Xosé Ricardo Rodríguez Pérez. Estudios Históricos y Genealógicos. [Consulta: 28 de Xaneiro de 2016]
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aos pés do castro, cara o nordés, atópase unha pequena canteira na que se aproveita sábrego cando os veciños o precisan. Ademais, esta nova apertura no terreo serve como vertedoiro de todo tipo de escombros e lixo. Por outra banda, fixéronse cortes moi próximos ao castro que poderían ter pasado por algún punto do muro defensivo, por mor da caza. Recentemente, estes cortes serviron para que se levasen pedras pequenas de forma variable, coma as que compoñen os muros.
Onde está localizado
Latitude: 42.4169739573Lonxitude: -7.98577113579
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84