Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Escudo / Epígrafe,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro (Santa María)
Lugar: Roxos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro emprazado sobre un penedo de superficie achanzada e lixeiramente convexa. Amosa pequeno varal e unha cruz sen figuración e cos extremos dos brazos potenzados. O varal é de sección octogonal, agás en comezo e remate. Tanto este coma a cruz están realizados nunha soa peza de granito. Nas súas seccións cadradas figuran as inscricións: na inferior “ESTA CRUS LA PSo”, e na superior baixo a cruz “Ano 1760”. A rocha na que se asenta presenta tres gravados moi erosionados, que segundo o traballo realizado polos membros do “Colectivo A Rula” sobre este elemento, serían: un grupo de tres letras, de posible lectura “IUI” cunha cruz patada de tipo visigótico a súa esquerda; unha ringleira de caracteres alfabetiformes moi erosionados na zona superior da laxe, pero que parecen ter a transcrición “DMRCTIOI” , [D(E)M(A)RC(A)TIOI]; e no borde inferior esquerdo outro grupo, apenas apreciable, e cun estilo máis descoidado, pero que ten a data lexible IXVII, (ou ben, apreciando o detalle do X levando unha vírgula no extremo superior dereito, que equivalería a XL). Entón a data da era hispánica sería 1047, e da cristiá 1009.
A pedra co cruceiro está próximo ao trazado do camiño medieval de Santiago a Noia e as inscricións terían que ver co indicador dos límites da cidade de Santiago e a natureza de demarcación ou fito da antiga rede viaria. Estes fitos terían a súa orixe nos espazos engadidos por privilexios reais, ao terreo onde estaba a catedral apostólica por medio de “xiros” ou lonxitude medida en circunferencias a partires desta.
A foto secundaria desta ficha coas incricións é cortesía de Colectivo A Rula


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Webs
https://colectivoarula.wordpress.com/2014/01/05/primeira-aproximacion-a-pedra-da-legua-un-fito-dos-lindes-de-compostela/#_ftn9
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/01/05/localizan-hito-limites-compostela-medieval/0003_201401C5C119916.htm

Bibliografía
Alsina López, Fernando. “La Ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media”
Consorcio de Santiago – USC, ano 2013 ISBN 978-84-15876-69-14


Onde está localizado

Latitude: 42.8744171979
Lonxitude: -8.60076740384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84