Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Carreira dos Canos - Allariz
Outra denominación do ben: Acueduto do Convento de Sta Clara ou da Carreira dos Caños
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Cano ou tamén chamado acueduto do Convento de Sta Clara de Allariz é unha canle artificial a través da que se fornecía de auga ao edificio desta congregación relixiosa fundada no S. XIII a través dunha tubaria de sección en U. Este acueduto en superficie non requiriu a construción de grandes arcadas para salvar os desniveis do terreo, optando pola utilización dun método de condución forzada a través dun muro levantado con cachotería asentada sen argamasa no que apenas se practicou algún paso, sendo estes en arco de medio punto.
Este muro con canle superior, no seu inicio partía sendo un simple cano a altura do terreo, para ir ganando altura cara a entrada ó convento, este ía gañando altura compensando os altibaixos do terreo. Na súa parte mais alta, ronda os 3m de altitude. Fai de peche das distintas leiras por onde circula, cara a chamada Carreira dos Caños, hoxe asfaltada.
Actualmente non se conserva completo, faltaría a súa parte final e parte da súa zona central pola que transita unha pista asfaltada, mantense uns 300m de lonxitude.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.allariz.com/recursos/catalogo_patrimonio_1.pdf (Pax. 160-161)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.187171
Lonxitude: -7.796293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84