Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar: Baiona
Outra denominación do ben: Pazo de Monte Real, Pazo de Monterreal
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
En 1872 o Estado anuncia a venda en poxa pública da fortaleza de Monterreal.
En 1877 adquire o castelo o enxeñeiro e político José Elduayen Gorriti, marqués do Pazo da Mercé.
Elduayen instalou a súa residencia entre as vellas murallas nun palacete construído en 1880 sobre a base do antigo convento franciscano e a súa Igrexa.
Polo seu aspecto sitúase dentro do eclécticismo de finais do XIX e mostra claros elementos neogóticos como os arcos apuntados e as torretas.
Pouco se sabe do interior do palacete, pero na prensa da época faise mención dalgúns aspectos da mesma:
“Unha escaleira suntuosa, un comedor abovedado e señorial, un salón de tapices e armaduras, algúns cadros antigos españois na capela recollida e devota, é o que garda no seu interior esta casa, aínda demasiado nova. Con ser moito, non está niso o seu interese maior. O que a fai única é a súa situación e a paisaxe que desde ela se contempla.”
No que á fortaleza se refire, no ano 1924 é adquirida por Anxo Bedriñana, que realiza modificacións dentro da fortificación.
Analizando unha foto aérea de 1956 e prestando atención ás edificacións do interior da fortificación, observamos que aínda se conserva o palacete construído por Elduayen, permanece a chamada Casa de Pedro Madruga e o edificio que se corresponde coas antigas caballerizas.
Os herdeiros de Bedriñana, en 1963, venden a fortificación ao Estado Español para o Ministerio de Información e Turismo.
O pazo construído por Elduayen é derrubado para construír o actual Parador Nacional Conde de Gondomar, conservándose unicamente o escudo e a bóveda do século XVI pertencente á Capela Maior do mosteiro franciscano. Dita bóveda cobre na actualidade o espazo da escaleira principal do Parador.
Se se pasea pola fortaleza, aínda quedan restos dos capiteis neogóticos e de columnas amontoados no medio do bosque do castelo.
https://www.flickr.com/photos/carmenlago/12328518353/in/album-72157625410709516/
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB:
http://ruc.udc.es/bitstream/2183/11722/2/LopezOtero_Beatriz_DTCOM_2013.pdf (Pax. 53 do pdf)
http://ruc.udc.es/browse?type=author&order=ASC&rpp=100&value=L%C3%B3pez+Otero%2C+Beatriz
https://issuu.com/la2011/docs/la_casa_de_baiona_internet (Pax. 357 a 369)
http://www.outono.net/elentir/2012/03/30/bayona-el-castillo-de-monterreal/
http://ollosdemarzal.blogspot.com.es/2008/12/palacio-de-monte-real-baiona.html
http://arquitecturamodernista.blogspot.com.es/2009/12/palacio-de-baiona-pontevedra.html
https://www.flickr.com/photos/carmenlago/12328518353/in/album-72157625410709516/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1255776415Lonxitude: -8.84957313538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Mar 2, 2016
Restos do Pazo de Elduayen
https://www.flickr.com/photos/carmenlago/12328518353/in/album-72157625410709516/
CarmenLago says:
Mar 2, 2016
Grazas por incluir a foto.
CarmenLago says:
Mar 2, 2016
Mais fotos dos restos do Pazo de Elduayen.
CarmenLago says:
Mar 2, 2016
Mais fotos dos restos do Pazo de Elduayen.
https://www.flickr.com/photos/carmenlago/12328574534/in/album-72157625410709516/
Oscar Franco says:
Abr 16, 2024
A prensa dixital do 25 de marzo de 2024 anuncia un investimento de 7 millóns de euros para o castelo de Monterreal no que se inclúe tamén a capela, a cuberta, as bóvedas da recepción e as portas e torres da muralla:
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36166