Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Salnés (comarca) / Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Rubiáns (Santa María)
Lugar: Rubiáns de Arriba
Outra denominación do ben: Finca da Marquesa de Abanda
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Unha Torre fortaleza do século XII, pertencente aos Caamaño, é a orixe do Pazo de Rubiáns. D. García Caamaño constrúe a súa residencia na leira de Rubiáns a principios do século XV, tal como se pode ler na pedra que está sobre o arco da entrada: “Esta casa fezo D. García Caamaño en el año 1.411”. Anos máis tarde, en marzo de 1.441, D. García Caamaño funda a Vila de García hoxe coñecida como Vilagarcía de Arousa.
A Capela foi construída por D. Josepe Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns no 1.598, dedicada a San José. No seu interior podemos contemplar un retablo singular do século XVI e varias imaxes da época.
No século XVIII o Señor da Casa de Rubiáns, D. Jacobo Ozores foi desterrado a Francia polo Rei Carlos IV. Ao seu regreso, atópase a propiedade moi deteriorada e decide reconstruíla, para o que contará cos servizos dun arquitecto francés que lle outorgaría o aspecto actual afrancesado ao Pazo que hoxe coñecemos, que máis recorda a un “Chateau” francés que a un Pazo galego.
A bodega, cabalarizas e cortes do Século XV son as construcións máis antigas que se conservan no seu estado orixinal. Hoxe, parte destas dependencias foron reconvertidas a outros usos para complementar á bodega, tales como salón, tenda e outros servizos.
Nas últimas décadas, a propiedade realizou importantes traballos de recuperación das construcións e do xardín histórico, así como da plantación e posta en marcha da explotación vitivinícola.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000038852
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
LÓPEZ CHAVES MELÉNDEZ, Juan Manuel; AMOR MORENO, Grato Enrique: “Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra: O Salnés (Vol. 3)”. Deputación Provincial de Pontevedra, 1998.
EL DOMINIO DE RUBIANES EN EL SIGLO XIX: COMPOSICIÓN DEL MAYORAZGO Y DESVINCULACIÓN
Por ANTONIO PRESEDO GARAZO (http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/258/260)
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA006.PDF (Pag. 14)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.meigolar.com/app/download/4102929851/Los+Pazos.pdf?t=1273243556 (Pag. 24)
http://www.pazoderubianes.com/el-pazo/historia/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5782262213Lonxitude: -8.73314648867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84