Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Xardíns da Real Maestranza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A posible fundación deste convento podería datar do ano 1214, fundación que segundo Manuel de Castro, foi a segunda do Reino da Galiza, sendo a primeira a de Santiago de Compostela realizado polo propio San Francisco. Aínda que o descoñecemento da súa fundación é grande debido as numerosas catástrofes que sofreu, as lendas sobre ela fixeron que á súa fundación se lle atribuíse a San Francisco.
O primeiro dato que temos da existencia do convento data do ano 1262, cando Dona Teresa Yañez de Deza dispuxo no seu testamento “Et mando fratibus Minoribus de Cruna cc”.
No século XIV, a igrexa foi reconstruída, grazas o aumento de fieis, doazóns e esmolas. Nesta época, aparecería a cabeceira gótica, cuberta con bóveda de crucería e con grandes ventanais que se conservan ata principios do século XX. Posiblemente, parte do claustro gótico xa estivera construído, como se desprende da presenza do rei Afonso XI no convento no ano 1345.
Dende o século XV ata a exclaustración, o convento franciscano converteuse nun referente claro na cidade, o aumento do número de fieis e a crecente cantidade de doazóns, permiten a construción dos seus dous claustros, así como numerosas restauracións. O seu primeiro claustro completo sería dunha soa planta e de apariencia románica.
Os enterramentos foron outra das fontes de ingresos, eran moitas as persoas que querían ser enterradas no convento, a igrexa ou o cemiterio situado ó sur da cabeceira. A proliferación destas tumbas foi confirmada nas escavacións das ruínas, onde saíron á luz moitas delas.
Durante o asedio inglés de 1589, o Marqués de Cerralbo, tras ver co inimigo saía “desde Santo Domingo (…) açia San Francisco, siendo aquello lo mas flaco que al presente avia en la ciudad, se mandó pegar fuego al monasterio y se hiço”. Despois o propio Marqués recomendou o rei a necesidade de reconstruír o convento.
No ano 1651, a desgraza cebouse outra vez co convento cando voou polos aires o Polvorín de San Carlos provocándolle graves desperfectos que novamente sería reconstruído.
No ano 1743, constrúese a nova capela da Orde Terceira, adousada á antiga torre-campanario do convento, e que no seu día atopábase conectado ó templo pola nave sur.
No século XVIII fanse as primeiras construcións da Maestranza de Artillería pegados ás hortas do convento. Posteriormente, cando se ampliou a Maestranza, as hortas conventuais foron ocupadas.
Nos primeiros anos do século XIX, levaranos ata a exclaustración en 1835, onde o convento empeza a agonizar, todo o esplendor de séculos estábase perdendo.
No ano 1809, parte das tropas inglesas de Moore, aloxáronse alí. Posteriormente, o complexo foi sede do Xurado da Imprenta, ata que no ano 1821 afundiríase o pavimento da igrexa, debido a aglomeración de público, nunha das súas reunións.
Coa exclaustración de 1835, o convento franciscano empézase a degradar moito por culpa da acción da natureza como pola man do home.
No ano 1838 solicítase para ser usado como presidio, e ao convertirse en penal, empeza a sufrir cambios na súa fábrica, como o tapiado da porta de unión da igrexa coa capela da Orde Terceira, que non sufrira exclaustración e seguía en uso.
No ano 1879, derrúbase a zona dedicada os dormitorios do penal, causando varias mortes. Tras este incidente, pasa ás mans do empresario Eduardo Mariano Cervigón Aldao, que o dedicou a unha fábrica de sombreiros.
No século XX, o templo servía de almacén de madeira ata que, na Guerra Civil Española, o convento foi ocupado polos militares.
No ano 1939, conséguese a declaración de Monumento Histórico-Artístico, non servindo de moito.
No ano 1942, os franciscanos voltan á cidade pero o convento era aínda militar e o deterioro do convento e igrexa continuaban.
O 24 de xaneiro de 1961, autorízase o traslado dos restos do templo franciscano, según o proxecto de Francisco Pons Sorolla, ó Paseo das Pontes.
A día de hoxe, conservamos os restos dunha edificación que tivo a súa historia ligada á cidade da Coruña, e que comparten espazo cos canóns do Xardín da Real Maestranza, irónicamente lembrando o tráxico final do monumento.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– ABRENTE, Boletín de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Número 44. A Coruna, 2012.
– BARRAL RIVADULLA, M. D.: “El templo mendicante y su valoración del Gótico: el ejemplo de San francisco de La Coruña”.
– DAVIÑA SÁINZ, S.: “La Coruña. Nuevos relatos sobre el cerco de 1589”.
– DE CASTRO, M.: “Crónica de la Provincia Franciscana de Santiago 1214-1614”.
– DEL CASTILLO, A.: “Iglesias gallegas: San Francisco de La Coruña”.
– GONZÁLEZ GARCÍA, M.J.: “Vida, agonía y liquidación del monumento. San Francisco de A Coruna”. Abrente, nº 44, A Coruña, 2012.
– RODRÍGUEZ PAZOS, M.: “Enterramientos en la iglesia de San Francisco de La Coruña (1555?-1615)”.
– SORALUCE BLOND, J.R.: “A antiga Maestranza de Artillería. Rectorado da Universidade da Coruña”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3691705627
Lonxitude: -8.38946610695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84