Outra fotografía:
Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Ourense
Parroquia: Monte (Santa Mariña)
Lugar: Montealegre
Outra denominación do ben: Verea Vella ou antigo Camiño Vello de Castela
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Neste lugar de Montealegre consérvase un anaco da antiga Verea Vella enlousada.
En zona de costa de relativa humidade, podemos ver este anaco de camiño enlousado cun ancho que non supera os 1,5 m. de media, aínda que ten algún tramo máis ancho.
Antigo camiño que subindo de Ourense por Montealegre, encamiñábase cara Santa Mariña do Monte, pasando polas proximidades do Castelo ou Casa dos ladróns, na antiga Casería de Montealegre.
Trátase dun antigo camiño que ten o seu trazado enlousado con pedras encaixadas para soportar o tránsito e que os carros non se atoaran nas zonas húmidas.
Fixándonos nestas lousas vemos que moitas de elas son actuais, froito das continuas obras de mantemento que sufrían para mantelos transitables ao longo do tempo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.332661Lonxitude: -7.834284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xilberte Manso says:
Feb 28, 2016
Un dos maiores perigos é a falla de respecto. Os ciclistas de BTT teñen feito circuitos por riba da Verea, e incluso movementos de terra e pedras para facer ramplas de salto.
Hai que respectar e coidar os vellos camiños, vereas, muros e paredes e non transitar con vehículos a motor por elas, tendo alternativas moi próximas.