Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Allaríz
Parroquia: Augas Santas (Santa Mariña)
Lugar: Armeá
Outra denominación do ben: Basílica da Ascensión
Cronoloxía: Descoñecida, Época Altomedieval,
Descrición:
Quizais a parte máis interesante de todo o conxunto monumental de Santa Mariña de Augas Santas. A cripta relaciónase cos monumentos chamados “pedra formosa” que antigamente tiñan funcións de crematorios.
Debido a súa antigüidade o monumento é relacionado con moi diferentes culturas, dende a prehistoria ata os propios templarios.
O achegarnos atópanse dúas portas nos laterais, polas que se pode acceder a cripta. Xa, unha vez dentro hai tres pequenas estancias, a maior conforma unha capela con laudas antigas e un altar adicado a santa. No fondo hai unha cámara cunha porta decorada con dúas figuras as que se lle atribúen antigos cultos. E xa no interior atópase propiamente o forno onde foi queimada a Santa.
Foi declarada conxunto monumental en 1955, e comezou a construírse a basílica superior no século XII, quedando inconclusa.
Aconséllase non baixar a persoas que poidan sufrir claustrofobia e tamén saudar antes de baixar para evitar posibles infartos por se aparece alguén abaixo visitándoo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32001002
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a lenda aquí foi queimada Santa Mariña de Augas Santas e acudiu o seu rescate San Pedro, quen a sacou do forno por un pequeno burato que hai no teito. Despois enfriou as súas queimaduras nun lugar preto onde hai un carballo con dúas pías os seus pes.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2433874895Lonxitude: -7.79324144125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Out 30, 2011
Coma información complementaria, engadir o enlace á ficha (XA 02) do ben no PXOM de Allariz (2003):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ALLARIZ/documents/0407CA026.pdf
paeiro says:
Mai 14, 2012
Catalogado como Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita…), máis pola foto vexe que é unha igrexa baixomedieval.
Un erro inocente que sería bo correxilo.
elixiovieites says:
Dec 7, 2015
Moi interesante, e un bo traballo, o documental Lume na Auga.
http://santamarinadeaugassantas.com/#Documental_
http://santamarinadeaugassantas.com/#Portada