Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Allaríz
Parroquia: Augas Santas (Santa Mariña)
Lugar: Armeá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Segundo a lenda, aos pés deste carballo foi onde San Pedro enfriou o corpo da Santa logo de rescatala do forno onde a estaban queimando.

Hai dúas pequenas pías no interior que se di que sempre teñen auga e que son boas para curar diferentes males de saúde.

Outras interpretacións din que tamén podería formar parte dun antigo lagar para obter aceite.

Os valados que hai nos arredores forman parte do antigo castro de Armeá, que acolleu a poboacións prerromanas e romanas.

Subindo uns metros por un camiño visible tamén se chega a unhas rochas coñecidas por antigos rituais castrexos que se manteñen hoxe en día xa que se sube en procesión e se fai ondear uns pendóns.

Tamén dende o alto hai unha fermosa vista da Igrexa principal de Santa Mariña de Augas Santas


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32001002
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.243900772216485
Lonxitude: -7.793446630239487
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84