Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xián)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: A Fonte da Igrexa
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Fonte construída con sillares de granito que remata por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaguadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma una liña a modo de enmarque redondeado que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal. Manuel Lorenzo Baleirón no seu libro “Toponímia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga” fai a seguinte referencia: “A Fonte da Dea da Igrexa, ten nos laterais cadanseu motivo decorativo vexetal de trazos esquemáticos. Minimalismo dos nosos canteiros.”
Non está catalogada no PXOM de Dodro. Sempre foi fonte pública e dende hai uns anos existe un litixio xudicial entre o concello e un veciño que pechou o paso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Lorenzo Baleirón, Manuel. “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga” . Concello de Dodro
Acceso web http://goo.gl/ik2dGW (pax. 134 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7262007554Lonxitude: -8.71349394321
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xoán Xosé Vicente says:
Mar 4, 2016
http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226
pax. 134