Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Areas (Santa María)
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificación feita a base de perpiaño granitico de boa factura, labrado e escuadrado. Presenta planta de cruz latina, con cuberta a dúas e tres augas e pináculos nos extremos.
Na súa cuberta destaca un cimborio octogonal con lanterna no presbiterio e ábsida cadrada.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso alintelada. Por riba dela unha fiestra e unha placa que recorda o ano de doazón do reloxo que podemos ver na parte inferiro da torre: 1948.
O conxunto remata coa torre campanario en posición central, cun balcón de pedra.
No interior destaca un retablo de pedra adicado á Virxe das Dores e a Paixón, obras do mestre canteiro José Cerviño García.
Esta igrexa, inaugurada o 15 de agosto do ano 1878, substituíu á antiga igrexa situada no lugar de Ganade. Atopábase moi cerca do río Tea e sofría numerosas inundacións, feito polo cal se fixo esta nova igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEAREAS/documents/0861CA001.PDF
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDWXVzdG10bFoySDA&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8
(Páxina 12)
http://alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es/2013/05/santa-maria-de-areas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1782083878Lonxitude: -8.52802053094
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84