Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Rúa Novedades, Barrio de Fefiñáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Casa–Museo do poeta e escritor cambadés Ramón Cabanillas (1876–1959) atópase no barrio de Fefiñáns. É unha casa tipicamente mariñeira que se distingue, nada máis vela, polo patín, as escaleiras exteriores e o descanso xunto á porta de entrada.
Nas dúas salas do museo recréase a vida do escritor a través de fondos bibliográficos (primeiras edicións dos seus libros), fotográficos e coleccións de revistas e de xornais como O Umia, no que comezou a súa aventura xornalística.
A súa prolífica obra abarcou todas as temáticas (social, relixiosa, amorosa) e xéneros (poesía, prosa). Emigrante en Cuba, alí comezou a escribir en galego e á súa volta, uniuse á loita agrarista, comprometéndose co movemento galeguista das Irmandades da Fala a través do que colaborou co xornal A Nosa Terra. A partir da publicación da súa terceira obra, Da terra asoballada (1917), é coñecido como “O poeta da raza”. Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Española.
Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.cambadosenoturismo.com/que-ver/seleccionar-museo/casa-museo-ramon-cabanillas/
(texto íntegro)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5186153763
Lonxitude: -8.81431795658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84