
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Campo da Fonte, Cambados
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Tomé
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é circular roto en catro anacos estando pegados pero visíbeis as súas fendas. O capitel é circular, con molduras, que soporta unha cruz cuadrangular, tamén rota e pegada no brazo esquerdo e o darriba. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina lixeiramente a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe Dolorosa co Cristo en brazos enriba dunha peaña. O cruceiro é todo de granito cun estado malo de conservación.
A consecuencia de que o cruceiro estea roto foi porque o 4 de outubro de 2007 un camión que descargaba unhas vigas para unha casa que se estaba restaurando deulle un golpe tirando e esnaquizando dito cruceiro. O cruceiro puido recuperarse como se ve na fotografía da ficha, pero coas súas conseguintes cicatrices. Este cruceiro estivo inicialmente instalado na Ribeira da Mouta, por detrás do muro de peche de Montesacro, ata que no ano 1958, cando se construíron as vivendas sindicais, foi trasladado ó lugar que ocupa na actualidade. Aínda que non está datado, a tradición oral indica que podería ser incluso máis antigo co pazo de Montesacro, que é do século XVIII.
Este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5092355361Lonxitude: -8.81581977013
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84