Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Campo da Fonte, Cambados
Outra denominación do ben: Fonte-lavadoiro do Campo da Fonte
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A fonte-lavadoiro de San Tomé consta dunha fonte con dous canos nun frontón de boas pezas de pedra e cuberta a modo de capeliña ou refuxio construída en perpiaño. A auga que cae a unha pía desauga ata o lavadoiro situado por debaixo da rasante da rúa. Iste lavadoiro de roupa é de planta rectangular dividido en dous tramos, construído en bó cadeirado granítico posuíndo catro follas de cantería para realizar as labores de lavado máis tres pezas rectangulares na ringleira esquerda mirando cara á fonte. O lavadoiro está cuberto cunha teitume de madeira a catro augas cuberta con tella curva do país sostida por seis piares de formigón.
Segundo os veciños falando desta fonte de San Tomé din que, “esta fonte tiña uns lavadoiros de pedra, nos que as mulleres reuníanse para lavar a roupa e falar da vida cotiá. Hai constancia de que os seus tornos levan botando auga case dous séculos e de que antigamente a súa auga era recollida en baldes, barrís, sellas, etc. para levala á casa e poder realizar con ela as distintas tarefas do fogar”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBADOS/documents/6001NO1005.PDF
http://www.culturamaritima.org/files/ardentia3/ardentia3-Betanzos.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.509359689Lonxitude: -8.81594069308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84