Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Arzúa / Arzúa (comarca)
Parroquia: Santa María de Arzúa (Santa María)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O asentamento configúrase como un pequeno outeiro de forma cónica que se eleva do terreo circundante cun pequeno espazo aterrazado a media altura e unha superficie amesetada na parte superior duns 25 metros de diámetro. Está rodeado pola canle do río de Brandeso pola zona norte. O corte do terreo por onde corre o río parece que foi ampliado, dirixido en curva e pegándoo ao recinto, para elevar as súas características defensivas. Obsérvase outro desvío artificial da canle pola zona sur, partindo do mesmo punto que a primeira, pero está moi colmatada polos entullos do río. Aprécianse no terreo dous fosos en forma de curva e concéntricos, que están máis visibles cara á zona sudés. Van dende o río cara aos prados que ten ao seu carón, esmorecendo a medida que se adentran neles ata chegar a desaparecer. Está a 75 metros ao sur dunha ponte sobre o río de Brandeso, e a 600 metros ao norte doutra ponte por onde está marcada a ruta do camiño de Santiago polo concello de Arzúa.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.940582713
Lonxitude: -8.18258285522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84