Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Moaña (San Martiño)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección hexagonal. A súa base, de sección cilíndrica, posúe as arestas superiores rebaixadas; na cara anteiror desta base podemos ver un relevo dunha caveira cos osos cruzados.
O varal é poligonal e liso, no que destaca unha imaxe de San Martiño. A continuación o capitel de tipo xónico, con volutas e cabezas de anxos.
O conxunto remata nunha cruz de seccion cadrada coas arestas rebaixadas, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e cunha caveira aos pés no anverso, e a Virxe co seu fillo no colo, sobre peaña con forma de anxo no reverso.

O cruceiro aparece protexido por unha varanda de ferro.

Aínda que se descoñece o autor desta obra, se pensa que pode ser dun dos irmáns Cerviño (Ignacio ou Xosé).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O cruceiro será desmontado para a súa restauración (Ver referencia bibliográfica – Febreiro de 2018).

O cruceiro volve a súa ubicación e promoven a súa restauración. (Ver referencia bibliográfica – Febreiro 2019)


Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26 (Ficha de arqueoloxía nº 22. PXOM ano 2010)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA007.PDF (Páxina 5)

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/02/09/moana-desmontara-proxima-semana-cruceiro/1834844.html
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/06/01/moana-vuelve-instalar-cruceiro-san/1902666.html

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/02/14/moana-retoma-restauracion-cruceiro-san/2051438.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2845152916
Lonxitude: -8.74934703112
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84