Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arzúa / Arzúa (comarca)
Parroquia: Dombodán (San Cristovo)
Lugar: Dombodán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa construída no século XVIII, dunha soa nave de planta rectangular máis estreita na zona onde vai o altar e a sancristía. Tellado a dúas augas e con caída na zona da cabeceira cunha auga máis. A cuberta é de tella do país. Os muros están feitos de cachotería e perpiaño de granito. A fachada é de estilo barroco compostelán, con porta alintelada de xambas resaltadas en relevo a modo de marco e con orelleiras nas esquinas superiores. Sobre esta, unha cornixa da que se eleva un frontón curvo, e partido na parte central para aloxar unha fornela con cúpula imitando á forma de cuncha de vieira, onde vai a imaxe do patrón da parroquia, San Cristovo. A ambos lados, dúas fornelas máis pequenas na que se poden ver outras dúas figuras. Un santo con hábito á dereita, posiblemente San Pedro, e unha santa con manto e coroa á esquerda. No medio da fachada un van, con marco resaltado en curva, dá luz ao interior do templo, e enriba del, unha base rectangular no centro do hastial dá paso a unha espadana de dous ocos con arcos de medio punto entre tres columnas caixeadas. Adórnase con cornixas moi resaltadas e na cima cun gablete que se coroa con pináculo de copa cun cruz de forxa no bico, e aos lados dous pináculos de bóla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARZUA/documents/22210CA032.PDF
pax 5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8630841543
Lonxitude: -8.20165872574
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84