
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arzúa (comarca) / Touro
Parroquia: Andeade (Santiago)
Lugar: A Casa Grande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pazo de aspecto sobrio construído no século XVIII por D. Pedro Antonio Varela e Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Ten planta rectangular e muralla con portalón de acceso. Os muros están feitos a base de cachotería de xisto e o tellado vai a catro augas con tella curva. A porta vai alintelada con perpiaños de granito e as ventás que se abren na segunda planta van rodeadas con grandes pezas de sillería. Na parte superior levan un pequeno tornachoivas. No escudo da fachada podemos ver as armas dos Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. O pazo está rodeado pola casa dos caseiros, a corte dos cabalos, un hórreo e a capela , formando un patio pechado cun paseo de plataneiros ata a súa entrada. Foi restaurado no 1995 e a día de hoxe funciona como casa de turismo rural.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TOURO/documents/27322CA008.PDF
pax. 3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8667644137Lonxitude: -8.25843572617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Manuel says:
Set 8, 2018
Esta equivocada la información..El Pazo de Andrade fue mandado a construir por la familia Verea de Aguiar,concretamente por Don Pedro Verea de Aguiar y Mosquera
Manuel says:
Set 8, 2018
Andeade