Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Moaña
Lugar: Av. Concepción Arenal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Estaleiro tradicional fundado en 1942 construído a base de madeira e cuberta a dúas augas.
Nun dos laterais podemos ver un anexo, hoxe derrubado, que pertencía a unha vivenda.

O negocio ten concesión ata o ano 2018.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Na madrugada do 9 ao 10 de xuño de 2017 un incendio destrúe por completo este ben.

Con data do 21 de xuño de 2018 este ben entra no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia da Xunta de Galicia.


Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/09/20/ultimos-barcos-madera/0003_201409V20C10991.htm?piano_t=1

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/31694/xunta-inclue-carpinterias-ribeira-casqueiro-carlagho-moana-catalogo-patrimonio
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=28833
http://diariodevigo.com/las-carpinterias-de-ribeira-de-casqueiro-y-carlagho-en-moana-al-catalogo-de-patrimonio-cultural-de-galicia/
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/06/22/patrimonio-protege-astilleros-moana-pide/1915730.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Este ben corre serio perigo de desaparecer por mor do proxecto de construción dun novo tramo do paseo marítimo que presentou o Concello de Moaña e que obrigaría á expropiación dunha parte do estaleiro, por onde pasaría o paseo e á nivelación coa rasante da calle.
Desaparecería tamén as vellas ramplas do estaleiro ao mar.

Despois do incendio que sufríu na madrugada do 9 ao 10 de xuño de 2017, a carpintería é unha morea de cinza.


Onde está localizado

Latitude: 42.2849627571
Lonxitude: -8.73398467898
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84