Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Noicela (Santa María)
Lugar: Xenarde
Outra denominación do ben: O Cotón
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Acrópole natural situada a 199 m.s.n.m. rodeada de fortes pendentes con varias terrazas e liñas defensivas. Apréciase un parapeto polo lado Norte que ten unha altura de 2 metros e que dá paso a unha terraza de 10 metros de anchura. Desde esta terraza ascende unha torre vertical de 5 metros de alto rodeada dun muro de pedra de 1 metro na súa base.
O Castro da Torrevella está situado nun outeiro ao Oeste a escasos metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15019003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
“No sitio vivían os xentiles, aos que o vello de Xoios lles mercaba e eles a cambio dábanlle ouro”.
“Na Torrevella hai un tesouro e unha viga de ouro e hai tamén encantos. Había unha señora que era un encanto, que quedou coxa e aínda está na Torrevella”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ CASAL, Antón A: “Carta arqueológica del partido judicial de Carballo de Bergantiños (Coruña)”. Studia Archaeologica; 24. 1975.
ENLACES WEB
http://www.pxomcarballo.org/pxom-aprob-feb2015/10_Tomo%20Xa_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
(Pax. 27-28)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Reforestación de eucaliptos e piñeiros.
Onde está localizado
Latitude: 43.2798722411Lonxitude: -8.62151141019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84