Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Caldas (comarca) / Caldas de Reis
Parroquia: Arcos da Condesa (Santa Mariña)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben: "Pedra dos tres curas"
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este petroglifo está situado nun penedo duns 2 m. de altura e que resalta da contorna do terreo no que se atopa, caracterizado polas poucas elevacións. Foi utilizado no medievo como marco divisorio das parroquias de Briallos en Portas, Arcos da Condesa en Caldas de Reis e Saiáns en Moraña. Na actualidade divide os concellos de Caldas, Portas, e Moraña. A pedra está fracturada en dúas partes en case a súa totalidade e estivo a punto de ser usada para a fabricación de postes de pedra. Pero esta actuación foi evitada pola Garda Civil pois a pedra tiña o valor legal de marco de termo de concellos. De feito un deslinde realizado por don Jesús Vila entre o 1889 e 1890 recolle o seguinte: “Aberto cara Arcos ata dar na pedra chamada da Grada ou dos Tres Curas que dista cincocentos catro metros da anterior, e que se chama quizais así por ser un punto divisorio do que irradian os tres concellos de Caldas cara o norte, Portas contra o sur, e Moraña contra o leste. Por conseguinte, aquí dáse por terminada a divisoria”.
Conserva un motivo de grandes dimensións situado na metade sur do penedo, na zona central dun panel case vertical orientado ó suroeste e dificil de apreciar debido a cercanía de eucaliptos que impiden a entrada de luz. Ten unhas dimensións xerais de 1,75 m. de alto por 1,02 m. de anchura na súa base. Tal vez o seu parecido coa tradicional ferramenta agrícola da grade explique o nome da laxe que, á súa vez, dá nome á paraxe na que se localiza.
Segundo información do Colectivo A Rula: O gravado da Pedra da Grada entronca claramente co grupo iconográfico de “Peña Tú”, en Puertas de Vidiago no concello de Llanes en Asturias. Fundamentalmente pola súa forma rectangular segmentada en oito franxas horizontais e remate absidal bastante pronunciado. Porén, tamén presenta características propias como a substitución deses trazos, que representan esquematicamente un rostro en Peña Tú, por catro arquiños en liña, de 12 cm de alto por 11 cm de ancho cada un, apoiados sobre a primeira banda rectangular interna.Cabe salientar tamén o gran tamaño do ídolo, o máis grande dos localizados ata o momento en terras galegas e, probablemente, un dos máis grandes de todos os coñecidos na actualidade. A figura vai estreitándose pouco a pouco dende a base (máis ancha) ata o extremo superior rematado nesa característica ábsida. Presenta un dobre suco no bordo exterior da figura (outra das características comúns nesta tipoloxía) pero tamén nas diferentes bandas rectangulares do interior, agás na superior. Esta dobre liña continuada que define o contorno da silueta e contorno interior das diferentes bandas mantén sempre unha equidistancia entre ambas liñas.
A foto principal da ficha é cortesía do Colectivo A Rula.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://colectivoarula.wordpress.com/2016/03/29/a-grade-prehistorica-a-pedra-da-grada-ou-dos-tres-curas-un-novo-deseno-de-tipo-outeiro-do-corno-na-comarca-de-caldas/
Deslinde de don Jesús Vila 1889-1890
http://www.portas.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=250&js=si&ajax=si&id_caja=113&solo_caja=113


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Tendo en conta como están os montes, no caso de incendio sería afectado.


Onde está localizado

Latitude: 42.5734361505
Lonxitude: -8.61883342266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84