Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Miñortos (San Martiño)
Lugar: Miñortos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de cruz grega, co brazo transversal un pouco máis curto que o principal. Está feita a base de sillares graníticos, e ten o adro rodeado dun muro de perpiaños do mesmo material, con entrada entre grandes pináculos piramidais. O tellado vai a dúas augas, agás no corpo que se eleva no cruceiro para albergar unha cúpula, que vai a catro. Leva corpos de menor altura engadidos no lateral do presbiterio, sendo un deles a sancristía. Está cuberta con tella curva do país. Na fachada cobra protagonismo a torre campanario, pouco estilizada e de rexas proporcións, potenciadas polos machóns do corpo das campás que amosan vans con arcos de medio punto. Decoración de adornos de placas e cornixas saíntes, a inferior de maior tamaño e a modo de cimacio. Remata o trazado en cúpula nervada de base octogonal e con adornos de pináculo de copa na parte inferior, e un apuntado no cume. Éntrase no templo polos arcos de medio punto que se configuran entre as grosas columnas adornadas con pilastras e que compoñen un pórtico no adro da igrexa. Porta alintelada e sobre ela unha gran fornela coa figura do patrón da parroquia, San Martiño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011256
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
Catálogo do PXOM de Porto do Son do ano 2012
http://portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm (pax. 113, ficha A_081)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7650677652
Lonxitude: -8.92944931984
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84