Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Poio / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Combarro
Lugar: Xuviño
Outra denominación do ben: Laxe do Xubiño, Petróglifos de Xuviño, Petróglifos de Xubiño, Petróglifos de Esperón
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Conxunto de penedos (6 laxes) situados nun eucaliptal. Trátase dunha laxe alargada en dirección Norte-Sur. Conserva varios motivos: destaca unha combinación circular de gran tamaño moi erosionada e acaroada a ela un reticulado con similares sucos. Outros motivos distribúense en distintas laxes: cazoletas illadas ou unidas por trazos, círculos sinxelos e zoomorfos (na actualidade outubro de 2010) non son visibles por mor da vexetación.
Está catalogado no PXOM do concello de Poio do ano 2000, na sección de Arqueoloxía co nº 14.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SOBRINO BUHIGAS, R., “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, 1935, Seminario de Estudos Galegos, figuras 147, 150, 152 e 153.
GARCÍA ALÉN, A. e DE LA PEÑA SANTOS, “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”, 1980, Fundación Pedro Barrié de la Maza. Páx.99, ISBN 84-85728-04-1
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Carece de sinalización. Sitúase nun eucaliptal e atópase cuberto pola vexetación. O lume e os traballos de aproveitamento forestal con maquinaria semellan os principais perigos de este xacemento.
Onde está localizado
Latitude: 42.43706666666667Lonxitude: -8.7133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
Ana says:
Xuñ 28, 2011
Non so hai maleza: nas fendas das pedras medran eucaliptos
jose says:
Ago 10, 2011
intenté localizarlo, y seguro que estuve cerca, pero no lo localicé. Si alguien puede aportar algo mas se lo agradezco. Se accede desde abajo o hay que bajar desde el campo de futbol? alguna orientación?
Lansbricae says:
Ago 10, 2011
Ola José, eu atopeino seguindo este plano: http://3.bp.blogspot.com/_btSicEbLQeE/ShwxHWafc5I/AAAAAAAAAQk/KFCYilxVRN4/s1600-h/plano+18+pix.jpg
…e recordo que cheguei a eles subindo unha boa costa, monte a través, pero unha vez alí vin un camiño case abandonado que chegaba desde as casas que se atopan máis preto dos petros (desde o leste). Espero que che sirva. Saúdos.
Jose says:
Ago 12, 2011
Ola LANSBRICAE, grazas pola axuda. A verdade é que o plano desconcertoume bastante, pero no terceiro intento decidin preguntar e me atopei cun mestre xubilado (don Segundo V.)que hai anos foi participe xunto cos rapaces da escola local da limpeza do lugar e a sinalizacion(ista quedou no intento). Con 76 anos levoume polo monte cunha vitalidade envexable. Contoume centos de historias e para min foi un dos mellores acontecementos do veran. Moitas grazas e saudos.
Pablo Eirín says:
Xan 22, 2014
APARICIO CASADO, Buenaventura. “Arqueología y antropología cultural de la margen derecha de la ría de Pontevedra” Servicio de publicaciones da Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1989. ISBB: 84-86845-33-5. Páx 122.
Pablo Eirín says:
Xan 22, 2014
Por certo, polo que vexo na bibliografía, o conxunto fórmano unhas 13 laxes (p 122-133).
Beni says:
Feb 22, 2015
Están en completo abandono; o cal é unha magoa. Cerca está a pila da Cuna da Moura.