Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Miñortos (San Martiño)
Lugar: Miñortos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hórreo feito a base de cantería de granito ben labrada e levantado sobre soleira de pedra. Apoia a cámara en 14 pés que comezan e rematan en sección cadrada, pero coas arestas biseladas no seu desenvolvemento. Tornarratos cilíndricos, de esquinas superiores redondeadas, que sosteñen os linteis da cámara. O peche desta faise con perpiaños de granito regularizado con apenas físgoas de ventilación horizontal. O tellado a día de hoxe está derrubado. Remata a parte superior dos penais con sobrepenas, e no cume destas leva nunha delas unha cruz sobre unha base cadrada e podemos ver na outra os restos dun pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7652725542
Lonxitude: -8.9299428463
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84