
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Goiás (San Miguel)
Lugar: Casares -A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Laxe de granito que se atopa fincada no chan, a xeito de marco das fincas, e procedente dunha mámoa que a día de hoxe está desaparecida a causa das labores agrícolas. A peza ten unhas medidas de 1,14 m. de altura cun ancho entre 0,54 m. e 0,80 m. e un grosor bastante constante de 0,30 m. Segundo nos informan Elena Cabrejas Domínguez, Patricia Mañana Borrazás e Yolanda Seone-Veiga no seu traballo: “Achado dunhas lousas con arte megalítico en Fonte Tourón (Lalín, Pontevedra): “A forma da lousa é dun bloque rectangular, cunha das caras maiores case plana e a contraria máis convexa, e cunha das caras menores apuntada mentres que a contraria é plana. Este esteo resulta tremendamente significativo, tanto pola súa morfoloxía e boa factura, como por presentar unha serie de gravados moi representativos da arte megalítica. Trátase concretamente duns motivos xeométricos situados na cara maior e convexa da lousa. Son unhas liñas en forma de “V” paralelas que se atopan na parte superior do bloque, uns semicírculos acaroados á liña en “V” inferior, máis outro centrado sobre as liñas en “V”, e finalmente unha liña ondulada ou serpentiforme baixo este conxunto. Os sucos teñen un ancho de entre 1-2 cm., sendo máis profundos as liñas en “V” e menos perceptibles os semicírculos baixo estes, incluso se percibe algún rebaixe máis que no calco rexistrouse coma liñas descontinuas.”
Durante a documentación deste marco apareceron outra serie de elementos, como un gran esteo de granito de 2,5 metros de lonxitude e un ancho entre os 78 e 45 cm. A cara maior visible presenta un importante conxunto de gravados, nos que destacan os motivos ondulados.
Moi próximo ao Marco-lousa, e facendo de marco de parcela, localizouse outro fragmento dun bloque de pedra de semellantes características, dimensións e acabado ao Marco-lousa, con gravados tamén ondulados.
A foto da ficha é de Alex Negreira, setembro do 2015. A imaxe secundaria é do traballo citado en bibliografía.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
Achado dunhas lousas con arte megalítico en Fonte Tourón (Lalin Pontevedra)
Cabrejas Domínguez, Patricia Mañana Borrazás, Yolanda Seone-Veiga.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LV N.º 122, enero-diciembre (2009) ISSN 0210-847 X
Acceso ao traballo http://digital.csic.es/bitstream/10261/20446/1/54.pdf
ENLACES WEB
Blog Megaliticia. Alex Negreira
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/restos-das-mamoas-de-fonte-touron.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6766697278Lonxitude: -8.08454275131
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 19, 2016
Achado dunhas lousas con arte megalítico en Fonte Tourón (Lalin Pontevedra)
Cabrejas Domínguez, Patricia Mañana Borrazás, Yolanda Seone-Veiga.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LV N.º 122, enero-diciembre (2009)
ISSN 0210-847 X
Acceso ao traballo
http://digital.csic.es/bitstream/10261/20446/1/54.pdf
Blog Megaliticia. Alex Negreira
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/restos-das-mamoas-de-fonte-touron.html