Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Grobas (Santa María)
Lugar: Cuíña de Abaixo . Casa Grande
Outra denominación do ben: Casa Grande de Grobas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Casa de planta en forma de U, sendo máis grande o corpo da zona leste que o da oeste. A tamén denominada Casa Grande de Grobas é unha edificación de dúas plantas de notable volume feita a base de cachotería e perpiaño e que se complementa cun patio pechado con portalón de entrada. Leva tellado a dúas augas, agás nas vertente de remate das ás do tellado, que leva unha máis. Na zona dereita da entrada leva unha pequena torre ameada e con seteiras. Esta torre parece de construción relativamente recente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9756886379
Lonxitude: -8.11897695065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84