Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
Esta mámoa de Chan de Castiñeiras forma parte dunha necrópole megalítica na que se inclúen uns nove túmulos funerarios. Está situada a uns 100 metros en dirección Norte da coñecida como Mámoa do Rei, ou Chan de Castiñeiras nº 1.
A súa planta é circular, de algo menos de 15 m de diámetro, e unha altura aproximada de 1 metro. Foi obxecto de prospeccións e violacións que afectaron principalmente á cámara. Presenta un burato no centro, no que é visible un único ortostato, aínda que outras pedras nas inmediacións tamén puideron formar parte da cámara.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36058019
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
As mámoas de Chan de Castiñeiras foron obxecto dunha campaña de limpeza e consolidación no ano 2008, grazas a cal hoxe son moito máis visibles, dentro dun espazo natural e dunha área recreativa das máis concurridas do Morrazo. Porén, isto non as fixo merecedoras de ningunha sinalización.
Onde está localizado
Latitude: 42.359271307166395Lonxitude: -8.67246687412262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84