Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Xaxán (Santa Maria da Saleta)
Lugar: O Souto
Outra denominación do ben: Castriño de Xaxán, Castro de Xaxán
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:

Pequeno asentamento que se compón dun parapeto de terra de forma circular rodeado dun foso, que a día de hoxe aparece colmatado e case desaparecido por completo pola banda SL. Está nunha zona de pendente a 580 metros de altitude, ao norte e a 240 m. da marxe dereita do rego dos Valados, que fai un pequeno val ao seu paso cerca desta zona. A 1.100 m. ao norte está o castro do Cotarelo en Goiás.
Ten unha planta circular que presenta as seguintes medidas: no eixo N-S mide 18 m. no interior en uns 35 m. ó exterior. Se incluímos o foxo, sería de 46 m. No eixo O-E mide 22 m. no interior e 42 m. polo exterior. A altura máxima acadada é duns 1,5 m., no lado leste. A superficie do interior aparece a maior altura que a rasante do terreo circundante. Na ficha arqueolóxica dos castros do Deza a este pequeno recinto dáselle unha adscrición medieval, co cal sería coherente coa forma e tamaño que teñen algunhas pequenas fortificacións desa época que se atopan en lugares estratéxicos como vías de comunicación ou control do territorio. Na década dos 80 abriuse unha entrada en rampla para acceder ao seu interior e reencheuse o foso externo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 36 024 022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na ficha arqueolóxica dos Castros da Comarca do Deza podemos ler:
“Non hai lendas con relación ao Castriño porque era unha mámoa que foi coroada cun “torreón” feito de terra apisonada”. -“Decíase que o fixeron os mouros cando estaban no Castro Grande (castro de Cotarelo) e que viñan a enterrar aquí aos seus mortos”. – “Era un punto de observación avanzado que tiñan neste lugar, os mouros do castro de Cotarelo”. Recollido por A. Presas en 2007, Presas 2008: 272).
http://www.lalin.gal/concellerias/turismo/cultura-castrexa/castro-de-xaxán
pax. 5 do pdf


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo PXOM do concello de Lalín, ano 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
pax .25

Ficha arqueóloxica dos castro da comarca do Deza
http://www.lalin.gal/files/Goi%C3%A1s.pdf

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza
Edita Faro de Vigo, SAU. ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Acceso a google books “O mundo dos castros;comarca do Deza” https://goo.gl/g1E5Kn

Buxán, Carme. Guía dos castros de Lalín (pax.37 do libro)
Torculo, Artes Gráficas S.L.
SANTIAGO, 1989 D.LG: C – 1199 – 89
Acceso web ao libro
http://carmenbuxan.blogspot.com.es/2014/09/guia-dos-castros-de-lalin.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.676401544
Lonxitude: -8.11474442482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84