Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xoán)
Lugar: Bustelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O denominado “Cruceiro de Alfredo” atópase no antigo Camiño dos Mortos, na aldea de Bustelo, polo que se levaban os defuntos ate a igrexa do Araño cando esta aldea pertencía a dita parroquia. Era onde paraban co cadaleito e rezaban unha oración antes de saír da aldea cara a derradeira viaxe.
Ate fai uns anos non tiña escaleiras nen pedestal pero si fuste de sección circular e capitel decorado con follas de acanto e cruz latina de sección octogonal, sen ningunha imaxe, moi desproporcionada con respeto ó resto do conxunto. Actualmente está restaurado e recolocado a uns metros de onde se atopaba.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: CR-23 PXOM Dodro
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Bustelo, hoxe do concello de Dodro, hai moitísimos anos pertenceu a O Araño, concello de Rianxo. O cambio de concello debeuse a que hai anos cando morría alguén en Bustelo, Vilar, Campelo ou Cerqueiras, o defunto era baixado ao lombo nunha esqueira entre catro persoas polo monte do Treito abaixo, sendeiro chamado o ” Camiño dos Mortos, cruzando o Río do Treito, ou Río de Bouzas que lle chaman os de Bustelo case á altura do Pozo Bastón, pero un ano que había moita enchente non puideron cruzalo polo río e tiveron que dar volta e enterrar o finado en San Xoán de Laíño, foi aí cando decidiron cambiar de concello.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA423.JPG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Totalmente restaurado.
Onde está localizado
Latitude: 42.7314436685Lonxitude: -8.76972109079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Mar 31, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952
Xoán Xosé Vicente says:
Mar 31, 2016
Moitas grazas Adela pola información.
Xoán Xosé Vicente says:
Xuñ 5, 2020
Este era o seu estado ate a súa restauración