Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: Parada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a unha altitude de 523 metros no extremo dun esporón elevado do terreo que se adentra no río Arnego e que cae en acusadas pendentes cara a súa canle pola zona norte . Posúe un recinto central de forma ovalada cun arco ao redor dun afloramento rochoso máis elevado que ocupa a zona leste e que reduce o espazo habitacional. Está defendido por unha muralla que é máis elevada pola zona sur, que vén sendo o lugar de menor defensa natural, reforzándose cun pequeno foso cun parapeto externo no SL . A Croa mide uns 103 m. de norte a sur e 70 m. de leste a oeste. A porta sitúase na zona SSL por interrupción da muralla.
Na zona SL, e acaroado á croa central, ten un antecastro duns 48 metros de radio e protexido por unha muralla que chega a acadar os 3 m. de altura dende a zona interna na metade oriental. A outra parte da súa zona oeste está máis esmorecida debido as labores agrícolas e forestais. A entrada a este segundo recinto pódese facer por dous puntos, un situado máis cara ó suroeste, e outro no sueste, posiblemente a orixinal, pero este punto non está claro pola alteración por camiños deste sector.
Por esta zona de Parada pasaba un camiño medieval que unía a parroquia de Ventosa no concello de Agolada cos enlaces de Ourense do camiño de Santiago .


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 36024015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Os romanos tiñan cabalos de ían beber a Ponte dos Cabalos”. “Hai unha pedra de pizarra na croa, cunha incisión en forma de media lúa feita polo movemento dos canóns ao xirar”. “Hai unha viga de ouro e outra de alcatrán que van dende o castro á igrexa de Meixomin”
Recollido do libro “Guía dos castro de Lalín” de Carmen Buxán.

“Hai moitos anos veu para Parada un indiano. Contruiu unha casona e enterrou un tesouro. Mais tarde un veciño andivo a procura dese tesouro pero non atopou nada”
“Cerca do castro hai uns penedos que teñen varias marcas gravadas: cruces, ferraduras e redondeis”
“Dicían os antepasados que había un burato debaixo do castro e cando se metían nel os porcos non voltaban
máis. Non se puido determinar que era o que realmente sucedía porque a xente tíñalle medo a estas cousas”
Recollido por A. Presas en 2006.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha arqueóloxica dos castro da comarca do Deza
http://www.lalin.gal/files/Parada.pdf
Catálogo PXOM do concello de Lalín, ano 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA004.PDF
pax 13 do pdf

Buxán, Carme. Guía dos castros de Lalín
Torculo, Artes Gráficas S.L.
SANTIAGO, 1989 D.LG: C – 1199 – 89
Acceso web ao libro
http://carmenbuxan.blogspot.com.es/2014/09/guia-dos-castros-de-lalin.html
Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O Mundo dos Castros: A Comarca de Deza Edita Faro de Vigo, SAU ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Acceso google books https://goo.gl/g1E5Kn


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7272174541
Lonxitude: -8.03179979324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84