Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Calo (San Xoán)
Lugar: Cornide
Outra denominación do ben: Cruceiro da Capela da Concepción
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que se levanta nunha plataforma cuadrangular de tres chanzos e con pedestal prismático coas arestas superiores rematadas en chafráns. O varal de sección octogonal , agás en comezo e remate que é cadrada. A cruz ten no seu anverso a imaxe do Cristo crucificado con tres cravos, coa cabeza levemente inclinada á dereita e coas mans lixeiramente abertas. Ten unha coroa de espiñas ademais dun pano de pureza anoado á dereita. Polo reverso da cruz está situada a imaxe dunha Virxe sobre unha peaña dun anxo con ás, que está rezando coas mans entrelazadas e cuberta cunha túnica. Está fronte a capela dos Milagres ou tamén chamada capela da Concepción.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

enlaces web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA404.pdf
pax 1
http://www.concellodeteo.com/mediateca/patrimonio/cruceiros.pdf
pax 19


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8063443475
Lonxitude: -8.60108524561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84