Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

Esta mámoa de Chan de Castiñeiras está incluída dentro dunha necrópole megalítica conformada por, cando menos, nove túmulos funerarios. Está situada a uns 70 metros ao Norde da mámoa nº 4 da necrópole, á beira dun camiño sen asfaltar.

A mámoa presenta unha planta algo elíptica, máis longa no sentido Este-Oeste (uns 19 m) que de Norte a Sur (13 m). A altura do túmulo é duns 50 cm. Ten unha violación no seu centro, que desfigurou a cámara, da que se conservan tres esteos fóra do seu asento orixinario, e algunhas outras pedras de menor tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36058031
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

As mámoas de Chan de Castiñeiras foron obxecto dunha campaña de limpeza e consolidación no ano 2008, grazas a cal hoxe son moito máis visibles, dentro dun espazo natural e dunha área recreativa das máis concurridas do Morrazo. Porén, isto non as fixo merecedoras de ningunha sinalización.


Onde está localizado

Latitude: 42.36023652241975
Lonxitude: -8.672670722007751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84