Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Cambados
Outra denominación do ben: Igrexa do Convento
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta alongada dunha soa nave, sen cruceiro e dúas capelas ó lado do evanxeo. A nave fica dividida por catro sinxelos arcos de medio punto. A capela maior está iluminada por unha xanela eximezada e coroada por unha bóveda de crucería. Á dereita e esquerda do presbiterio, os enterramentos dos fundadores e patróns que foron os primeiros, Juán Daval Romero e María Pérez de Leiro e Escudero.
O altar maior, con pilastra e columna por banda, contén na súa parte inferior, un camarín central en curva, con templete, para o santísimo, no corpo superior, un recadro coa imaxe de Santa Mariña, patroa da parroquia, procedentes ambos de Santa Mariña de Dozo. Á esquerda da nave, dúas capelas oxivais de planta cadrada e bóveda de crucería, formando os seus nervos unha sinxela estrela.
No exterior, a súa fachada está repartida en dous corpos separados por unha faixa de molduras, no inferior, unha ampla porta centrada, con arco de medio punto formado por grandes dovelas. Na clave, un escudiño coas cinco chagas franciscanas e unhas aves toscamente labradas. No lado esquerdo, un pequeno escudo coas follas de figueira dos Figueroa; na dereita outro escudo coa imaxe de San Roque, unha cuncha e unha estrela que se repiten no presbiterio.
Sobre o arco da porta, unha imposta con molduras, e nelas e na faixa superior, unha inscrición lembra a Juán Daval e María Pérez como fundadores do convento, no ano 1588. Enriba da inscrición un tímpano cunha forneliña na que houbo unha imaxe da Inmaculada e a ámbo-los lados as efixies dos fundadores en actitude orante, xunto a eles, tamén en releve, os bois e o cesto. Baixo os deseletes ollamos unhas figuras de maior tamaño figurando cunchas, que representan a Adán e Eva.
Cabe destacar á esquerda da fachada, unha torre-campanario formada por tres corpos, cadrada e ameada, con cúpula escalonada. O primeiro e o segundo corpo son lisos, ollándose no segundo un reloxio circular e máis arriba, a figura dunha cabeza que semella ser San Francisco. No corpo superior, o campanario, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto, todo esto rematado como xa comentamos antes, nunha cúpula escalonada ou piramidal, ameada na súa base e un acroterio no seu vértice cunha cruz de forxa.
O conxunto foi convento franciscano, ata que no ano 1835, coa desamortización, a propiedade do edificio pasou ao estado e os monxes tiveron que abandonar o convento. O edificio converteuse entón en cuartel de milicias urbanas do primeiro batallón do Salnés, e posteriormente en escola e en cárcere. Finalmente foi demolido e as pedras das cortes e outras dependencias utilizáronse para o dique do paseo da Calzada, para a alameda de San Tomé e para empedrar a rúa que dá acceso ao convento, hoxe en día, rúa Padre Peña. O templo sustituíu á antiga igrexa parroquial de Santa Mariña de Dozo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.cambados.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=119
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBADOS/documents/0734CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5145576714
Lonxitude: -8.81306000059
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84