Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Deza (comarca) / Silleda / Vila de Cruces
Parroquia: Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces)
Lugar:
Outra denominación do ben: Ponte do Oucido
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Ponte sobre o río Deza que comunica as parroquias de Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces).
Consta dunha plataforma de formigón e ferro, protexida por baranda, que se apoia en paredes de carga construídas nas marxes do río Deza.
Recibe o nome de Ponte do Pozo Negro polo pozo do Deza que hai xunto a esta construción. O termo Ponte do Oucido vén do nome do monte de San Pedro de Losón no que se atopa: O Oucido. Foi construída entre finais do século XIX e comezos do XX. Servía para cruzar o río Deza en dirección á feira da vila de Silleda e ao Santuario de Nosa Señora do Corpiño.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ten camiño de acceso, mais o tramo final deste só é apto para camiñantes e non para vehículos, situación que se dá por ambos lados.


Onde está localizado

Latitude: 42.7284902744
Lonxitude: -8.22410345078
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84