Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xoán)
Lugar: Bexo e Imo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Camiño Real entre a Paradegua en Rianxo e Imo. O que en Galicia chamamos camiños reais son as vías principais de comunicación do Antigo Réxime. Algunhas reformáronse como a que vai de A Coruña a Tui, pasando por Padrón, aproveitando antigas calzadas romanas e camiños medievais. De todas as maneiras non existía moito interés por parte dunha poboación que permanecía esencialmente aillada no territorio que lle era propio e pagaba tributos excesivos en portádegos e portaxes.
No século XIX, cando se lles pediu ós veciños de Dodro e de Lestrobe que acudiran a reparar o Camiño Real ó seu paso por Padrón, argumentaron que xa tiñan dabondo con coidar das súas corredoiras, e como fora que se viran obrigados a facelo, de cote chegaban tarde e sen ferramentas ou mandaban ós máis vellos de cada casa para realizar os traballos.O percorrido do Camiño Real polo noso concello ten que ser o que describe Sarmiento na súa andaina do 31 de outubro de 1754: Lestrobe, Revixós, Vigo, Tallós, Revoiras, Eiró, Rueyro, Tarrío, Rial da Lagoa, Manselle, Sar, Castas (Castro), Imo e Bexo. Madoz, cen anos máis tarde, comenta que o Camiño Real que vai desde a Ponte Santiago (en Padrón) ata Tallós é dos transversais menos malos, se ben por falta de reparacións ofrece malos pasos no inverno.
Abuín de Tembra explicounos que na súa freguesía de San Xoán o Camiño Real, no inverno ía polo Cruceiro do Bazoco, Castro e Moure, e no verán pola zona máis baixa: Cruceiro da Veiga, As Longas e Os Postes de Baixo ata xuntárense naEira da Lavandeira, en Imo. As carrilanas que facían o traxecto de Padrón á Pobra do Deán tiñan o cambio de tiro diante da Casa de Rial. Saía a vereda polo Carril de Rial e polo Paseo do Crego (por un diácono nomeado Frei Alonso, que quedou cego e percorría a diario ese pequeno tramo)para seguir pola Revoltiña, Carrais, O Alto do Caravel, Os Castaños ata subir pola vagoada da Paradegua, ó sur da estrada actual.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Lorenzo Baleirón, Manuel. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Son tramos pequenos que están atravesados pola estrada comarcal, autovía, tren de alta velocidade, pistas da concentración pàrcelaria etc.


Onde está localizado

Latitude: 42.7039888239
Lonxitude: -8.72757822275
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84