Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Lalín
Parroquia: Parada (Santa María)
Lugar: A Eirixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de nave única e presbiterio rectangular con corpos acaroados nos lados norte e sur. Tellado a dúas augas e cuberta de tella curva. Fachada sobria a case sen adornos onde a esvelteza do campanario da torre destaca pola desproporción con respecto á altura do templo. Amosa porta alintelada e unha gran ventá no centro, con bordes resaltados no relevo das pezas de sillería e con forma curva na parte superior, a cal coincide en altura coa liña de cornixa do remate rectilíneo do lenzo do muro. O campanario componse de dous corpos, o primeiro amosa cara á fronte adornos de relevo nas esquinas enmarcando un reloxo de contorno resaltado na sillería e cara os laterais ábrense ventás de remate en arco. No segundo leva catro ocos para as campás, de esquinas con pilastras, e adórnase con molduras e pequena balaustrada. Por enriba deste leva unha base cúbica onde se levanta unha cruz. Segundo o catálogo do concello de Lalín a igrexa foi feita no ano 1750 cos fondos aportados por dous irmáns sacerdotes que fixeran fortuna en América.
A antiga igrexa da parroquia de Parada e hoxe desaparecida, fora doazón feita ao mosteiro de Carboeiro, mencionada como Parada de Felis no ano 928, estaba construída na cima do castro que está situada a 400 m. ao norte deste templo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808CA007.PDF pax. 4


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7215229383
Lonxitude: -8.03105413914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84