Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar: Valeixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do ano 1573 feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta de cruz latina e cuberta a dúas e catro. Posúe pináculos nos laterais.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso enmarcada e, aos laterais, dúas altas fiestras rectangulares con remate en arco de medio punto. Na parte superior da porta destaca o escudo de armas de D. Juan Gil Troncoso de Lira e Soutomaior, señor das casas da Picoña e de Barreiro. A continuación un reloxo de agullas instalado no ano 1909 por doazón de Carmen Araújo Gómez.
O conxunto remata nunha torre campanario de dous corpos superpostos e de base cuadrangular, que foi reconstruída no ano 1908 ao se desmoronar a orixinal.
No interior destaca a Capela Maior, obra do século XVI, con cúpula nervada. A nave e as capelas laterais son obras de restauración do século XVIII.
Todos os retablos que garda o interior desta igrexa son do século XVIII.
Existen referencias documentais do ano 1242 dunha igrexa anterior á actual. Nesa data o ilustre cabaleiro Don Xoán Suárez fai doazón do padroado da igrexa de Valeixe ao bispo de Tui, Don Lucas I.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA002.PDF
(Páxina 15)
http://www.caniza.org/?_=/el-ayuntamiento/parroquias/parroquia-de-valeixe&lang=es
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=5527&ctre=31&volverFicha=true
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/parroquia-valeixe.html
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/inicio#!/descubre/encuentra-tu-recurso/recursopan1-280379155-iglesia-de-santa-cristina-de-valeixe
http://www.condadodesalvaterradominho.es/historia/santa-cristina-de-valeixe/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1679630662
Lonxitude: -8.27232688666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84