Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar: Valeixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ermida feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con tella do país. Posúe pináculos nas esquinas.
Na fachada principal podemos ver un lenzo con pilastras nos laterais, cunha porta de acceso enmarcada e dúas fiestras cadradas aos lados. Un frontón triangular da paso a unha pequena espadana dun só arco con remates en pináculos e cruz pétrea.
Posúe tamén unha pequena porta lateral.
No interior podemos ver as imaxes da Virxe dos Remedios e a de San Brais.
A construción posúe unhas medidas de 10.70 m. de largo por 7 m. de ancho, sendo a súa altura de cornixa duns 3 m.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA003.PDF (Páxina 8)
http://www.caniza.org/?_=/el-ayuntamiento/parroquias/parroquia-de-valeixe&lang=es
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/blog-page.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1692244396
Lonxitude: -8.27501446009
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84