Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: Cee (Santa María)
Lugar: A Lagarteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. No cuarto chanzo á esquerda ten unha inscrición que pon: “1919”. O varal é cuadrangular na súa cuarta parte para logo ser circular no resto, con estrías e boceis. Ten un capitel de estilo xónico coas súas características volutas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara lixeiramente á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada coas mans xuntas en actitude de orar sobre un pedestal dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9622598397Lonxitude: -9.18959654873
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84