Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Moruxo (San Vicente)
Lugar: Montecelo
Outra denominación do ben: Castro de Montecelo e Pazos
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado uns 129 metros sobre o nivel do mar dominando gran parte da contorna, entre eles a ría de Betanzos. É un recinto ovalado duns 135 metros de Oeste a Leste por uns 95 metros de Norte a Sur acadando unha superficie dunhas 1,1 Ha. Polo sur semella ter unha terraza que ten uns 20 metros de ancho no leste ata chegar a uns 25 metros de ancho no sur. Na zona suroeste, entre esta terraza e a croa, semella haber outra terraza duns 15 metros de ancho. Este castro practicamente non se pode visitar por estar case todo valado e cinguido de vivendas ou chalets. O caso máis grave e dun chalet duns 485 metros cadrados que ocupa a parte central da croa. Na parte oeste hai tamén unha pista de tenis. En xuño do ano 2009, un partido político fixera unha denuncia sobre unha obra ilegal no castro, posiblemente sobre esta vivenda pero visto o caso, semella que non debeu valer para moito.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2009/06/06/bng-bergondo-alerta-obra-ilegal-castro-montecelo/293389.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3237696561
Lonxitude: -8.21952134376
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84